O medio millón que saiu hoxe ás rúas galegas ratificou o éxito do 14-N
Máis de 500.000 persoas mobilizáronse hoxe coa CIG, CCOO e UGT en diferentes manifestacións polas principais vilas e cidades de Galiza. Para as organizacións sindicais, trátase do colofón a un “día histórico”, pois a folga xeral que convocaron as tres organizacións acadou un seguimento do 90%. Vigo acolleu o acto central, no que participaron os secretarios xerais da CIG, Suso Seixo, UGT-Galicia, José Antonio Gómez e do S.N. de CCOO de Galicia, Xosé Manuel Sánchez. Na cidade olívica foron máis de 180.000 as persoas que saíron as rúas convocadas polos tres sindicatos maioritarios.
Ler máisA folga e as manifestacións por comarcas
As galegas e galegos botáronse á rúa nesta xornada de folga xeral. Literalmente. En moitos casos as e os manifestantes [...]
Seixo denuncia que se están a xerar “máis desigualdades para que os ricos sigan a acumular máis riqueza”
“Seguimos en recesión económica, o paro está acadando cifras históricas, seguen a pechar centos de empresas, a calidade dos servizos [...]
A CIG-Ensino valora moi positivamente o éxito desta folga xeral
A folga xeral está a ser moi maioritaria en todos os centros de ensino. Secundouna a maioría do profesorado e [...]
Cunha participación do 90% e mobilizacións masivas, a folga xeral está a ser un éxito
Os datos de seguimento da folga xeral, actualizados ás nove da mañá, certifican o éxito da convocatoria, que foi seguida en Galiza, de media, por un 90% das traballadoras e traballadores. Os datos do consumo eléctrico rexistrado durante as primeiras horas do paro amosan que a demanda caeu un 8,15% con respecto ao mércores da semana pasada. Os datos de participación poñen de relevo o rexeitamento do conxunto dos traballadores/as galegos/as das políticas de recortes e austeridade e a petición, por parte da cidadanía, dun cambio de rumbo.
O TSXG suspende os mínimos en universidades e transportes de escolares e traballadores
A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza resolveu, mediante un auto notificado na tarde deste martes, [...]
A CIG realizará unha cobertura informativa especial do 14-N
O departamento de comunicación da CIG realizará unha cobertura informativa especial da xornada de folga xeral convocada para este mércores 14 de novembro que se poderá seguir tanto a través da web do sindicato como da páxina específica posta en marcha recentemente.
Novos pronunciamentos en prol da folga xeral
Foro Galego da Inmigración e xuntas de persoal da área sanitaria de Ferrol e do concello de Compostela chaman a secundar o paro xeral do 14-N
Vigo acollerá a manifa principal das once convocadas para o 14-N
A cidade de Vigo é o escenario escollido pola CIG para celebrar a manifestación central das once convocadas por toda [...]
O Concello de Compostela tenta impedir de novo a difusión da folga xeral
A CIG de Compostela interpuxo, unha vez máis, recurso contencioso-administrativo polo procedemento especial para a protección de dereitos fundamentais, tras [...]






