A CIG realizará unha cobertura informativa especial do 14-N

12/11/2012 por     Publicado en: Folga do 14/11/12

O departamento de comunicación da CIG realizará unha cobertura informativa especial da xornada de folga xeral convocada para este mércores 14 de novembro que se poderá seguir tanto a través da web do sindicato como da páxina específica posta en marcha recentemente. A central nacionalista habilitou tamén unha dirección de correo electrónico para que os afiliados e afiliadas poidan enviar información, imaxes e vídeos das mobilizacións (folgaxeralgz@gmail.com).

A CIG deseñou unha cobertura informativa especial para dar conta de todo o que suceda durante a xornada de folga xeral que se poderá seguir tanto dende a web do sindicato como a través da páxina específica do paro do 14 de novembro (www.folgaxeral.galizacig.com). A central nacionalista ofrecerá tamén datos en tempo real a través da súa conta en Twitter: @galizacig.

Ao mesmo tempo, a CIG habilitou un enderezo de correo electrónico para que os afiliados e afiliadas poidan enviar información, imaxes e vídeos das mobilizacións (folgaxeralgz@gmail.com). Na central nacionalista lembran a importancia de ofrecer unha cobertura o máis completa posíbel da xornada tendo en conta a actitude dos medios de comunicación en folgas anteriores, que se centraron máis en tentar criminalizar os piquetes informativos e invisibilizar a labor